InicioSucesosDetido por manipular alimentos nun supermercado de Lugo, deitarse ao sol na...

Detido por manipular alimentos nun supermercado de Lugo, deitarse ao sol na rúa e insultar a Policía

Axentes da Policía Local sorprenderan unha parella que incumpría o confinamento ao tirarse nun banco dunha rúa de Lugo a descansar. Momentos despois, protagonizaron un altercado nun establecemento de alimentación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo un veciño de Guitiriz por un delito de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade. O home protagonizou un altercado nun supermercado da capital luguesa tras ser localizado por unha patrulla policial mentres tomaba o sol nun banco da rúa. 

Segundo relataron fontes da Policía Local, na tarde do pasado sábado 4 de abril, uns axentes viron o arrestado e mais a outra persoa deitados ao sol na rúa Montero Ríos. Ao non teren xustificación para estar na vía pública durante o estado de alarma, a parella foi informada de que ían ser propostos para sanción por infracción grave.

Malia que os axentes lles ordenaron dirixirse aos seus domicilios, o asunto non quedou aí. E é que, pasados uns minutos, persoal dun supermercado próximo chamou á Comisaría de Lugo para denunciar que unha parella se atopaba no interior do local manipulando alimentos sen medidas de hixiene, sen gardar a distancia de seguridade e sen facer caso ás indicacións dos traballadores do establecemento.

Os axentes, unha vez alí, comprobaron que se trataba da mesma parella denunciada con anterioridade. O home negouse a saír do establecemento e proferiu “insultos contra o Goberno da nación e contra os policías“, motivo polo que foi detido e trasladado a dependencias policiais, para instruír as dilixencias para o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...