InicioSociedadePolicías quéixanse de que os xeles hidroalcólicos "escasean" na comisaría de Lugo

Policías quéixanse de que os xeles hidroalcólicos “escasean” na comisaría de Lugo

Aseguran que os lucenses respectan a corentena, aínda que "se cadra, ao principio, non se andou" con todo o coidado que se debía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario en Galicia da Unión Federal de Policía (UFP), Miguel González, queixouse este martes de que “escasean” os xeles hidroalcohólicos na comisaría de Lugo.

Con todo, a pesar da falta de xeles, González asegura que, “de momento”, si que existe unha subministración suficiente de máscaras e luvas ante a situación de alarma sanitaria polo coronavirus.

OS LUCENSES RESPECTAN A CORENTENA

Non esconde que entre os axentes existe “preocupación“, aínda que resalta que “na rúa non hai ningún tipo de problema” á hora de que a cidadanía respecte en Lugo a corentena decretada polo goberno. Iso si, lamenta que, “se cadra, ao principio non se andou” con todo o coidado que se debía “porque non se pensou que esta pandemia ía chegar aos límites que está a chegar”.

Respecto das patrullas que saen estes días á rúa na cidade, detallou que hai entre dúas e catro. Asegura que o persoal de 170 axentes “está dispoñible sempre”. “Agora todo o mundo arrima o ombreiro”, destacou. En calquera caso, a Unión Federal de Policía segue reclamando que “serían precisos en Lugo, entre 30 e 40 axentes máis” en relación co persoal actual.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...