InicioSociedadeDetido un home que se resistiu a que o desafiuzasen en Lugo

Detido un home que se resistiu a que o desafiuzasen en Lugo

A Policía Local acusouno dun delito de desobediencia á autoridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 33 anos na súa vivenda despois de que se resistise a abandonar o seu piso por unha orde de desafiuzamento.

Os axentes chegaron á súa vivenda, situada na Rúa Bolaño Rivadeneira, sobre as 10:00 horas do 12 de marzo. Alí comunicáronlle que tiñan unha orde de desafiuzamento e déronlle unha copia do Auto Xudicial para que o lese.

Segundo este grupo policial, o home manifestou en reiteradas ocasións que non ía abandonar a vivenda e por este feito os axentes acusárono dun delito de desobediencia e resistencia grave á autoridade. Despois detivérono e trasladárono a dependencias policiais, onde se instrúen as dilixencias oportunas para o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...