InicioSociedadePrisión sen fianza para os dous detidos pola agresión sexual ocorrida o...

Prisión sen fianza para os dous detidos pola agresión sexual ocorrida o sábado en Lugo

Os axentes comprobaron que houbo dous varóns implicados na agresión sexual sucedida no barrio da Fervedoira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xuíz decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para os dous homes detidos en relación á violación ocorrida o pasado sábado en Lugo e aos que se lles imputa un delito de agresión sexual.

Así mesmo, segundo informaron fontes xudiciais, decretouse unha orde de afastamento e a prohibición de comunicarse coa vítima para ambos.

Os feitos ocorreron na mañá do sábado, cando despois de estar de festa durante a noite, os dous detidos -que carecen de antecedentes- e a vítima colleron un taxi para dirixirse ao domicilio deles, na Fervedoira. Unha vez alí, segundo as investigacións, ambos participaron na agresión.

DOUS HOMES IMPLICADOS

A primeira detención, a do home de 50 anos, produciuse de inmediato o mesmo sábado. Tras as manifestacións da vítima, que foi trasladada ao Hospital Lucus Augusti (HULA), os axentes personados no mesmo lugar dos feitos puideron verificar que participara no delito.

Posteriormente, no marco da investigación e a toma de declaracións por parte da Policía Nacional, os actuantes verificaron que o detido na mañá deste luns, outro home de 40 anos, estivera con eles na zona de copas, que os acompañou ata o domicilio e que tamén participou na agresión.

Este home, puntualizou a Policía, ausentouse do lugar dos feitos por cuestións persoais pero, unha vez contrastadas as declaracións, impútanselle os mesmos feitos.

A presunta agredida tivo que ser traslada ao HULA, onde os sanitarios a atenderon e trataron de tranquilizala. Alí tamén foi asistida por médicos forenses para realizarlle diversas probas, necesarias cando se trata dun caso coma este.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...