InicioCulturaO Ateneo Galeguista de Lugo homenaxea hoxe a Benedicto

O Ateneo Galeguista de Lugo homenaxea hoxe a Benedicto

Xosé M. González adica ao finado fundador de Voces Ceibes o faladoiro 'Nova canción galega' – Ás 20.00 na Librería Balmes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ateneo Galeguista de Lugo homenaxea este mércores a Benedicto, fundador de Voces Ceibes en 1968 e figura primordial da canción protesta durante a transición á democracia. A Librería Balmes acollerá unha conferencia arredor deste autor a cargo de Xosé M. González, quen formara parte de diversos grupos nos inicios da canción galega, e foi tamén membro do Movemento Popular da Canción Galega.

Cartaz da homenaxe a Benedicto que organiza o Ateneo Galeguista de Lugo
Cartaz da homenaxe a Benedicto que organiza o Ateneo Galeguista de Lugo

O faladoiro leva por título Nova canción galega: a década iniciática (1968-1978). Homenaxe a Benedicto. O conferenciante, González, é na actualidade mestre de lingua e colaborador en diferentes medios de comunicación. Está previsto que o acto comece a partir das 20.00 horas na Librería Balmes, na Rúa do Progreso.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...

O Concello de Lugo entrega licenza de primeira ocupación do Polígono 2 da Louzaneta

O Concello de Lugo entregou o primeiro título de primeira ocupación correspondente ao Polígono...