InicioSociedadeBesteiro espera que a Audiencia recuse a Pilar de Lara na causa...

Besteiro espera que a Audiencia recuse a Pilar de Lara na causa do Garañón para anular as súas resolucións

Está á espera de que "se pronuncie a Audiencia" nunha posible recusación que lle daría un xiro á investigación, pois "nada do ditado desde abril sería válido".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ex secretario xeral do PSdeG-PSOE José Ramón Gómez Besteiro aínda aspira a que a Audiencia Provincial de Lugo recuse á ex titular do Xulgado Número 1, Pilar de Lara, na causa do Garañón, de maneira que se anulen todas as resolucións ditadas dende o pasado abril.

Así o manifestou Cándido Conde-Pumpido, avogado de Besteiro no caso do Garañón, onde permanece como investigado á par do ex alcalde Orozco. O letrado sinalou que “o feito de que ela (De Lara) estea suspendida e perdese o destino non significa que as resolucións ditadas non o fosen xa concorrendo unha causa de abstención”, puntualizou.

Por iso, Conde-Pumpido considera que a recusación “debe seguir adiante e a Audiencia debe pronunciarse sobre iso”. “Tamén está pendente no recurso o auto (confirmando as imputacións no Garañón) que presentou ela antes de ser sancionada ou de ser confirmada a sanción en abril”, precisou.

Esa recusación suporía un xiro na investigación a Besteiro, dado que tal e como expón o seu avogado, “o que significaría é que as resolucións ditadas por unha xuíza que se debía de abster serían todas nulas”. “Por tanto, nada do ditado desde abril sería válido. En todo caso, estamos a desexar que toda a instrución sexa valorada pola audiencia (de Lugo)”, concluíu o letrado.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...