InicioSociedadeCondenadas dúas persoas por insultar a Estela San José e Pilar de...

Condenadas dúas persoas por insultar a Estela San José e Pilar de Lara nun chat da Garda Civil

Un deles era un axente. Pilar de Lara tamén creou un perfil nesa rede social da Asociación Unificada da Garda Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo confirmou na súa práctica totalidade a condena a P.U.B. e ao axente da Garda Civil J.M.B por un delito de inxurias contra as xuízas Pilar de Lara e Estela San José.

Deste xeito, a audiencia desestima os recursos presentados e ratifica o fallo do xulgado do penal, polo que J.M.B. foi condenado a unha multa total de case 5.500 euros polos delitos de inxurias con publicidade (continuada) e outro de coaacións leves.

Pola súa banda, P.U.B. foi condenado a abonar unha multa de 2.400 euros por outro delito de inxurias con publicidade. Ademais, tamén deberán abonar parte das as costas procesuais, divididas nun 75% para o axente da Garda Civil e o 25% restante, a Barrera.

Ademais, en concepto de responsabilidade civil, J.M.B deberá de indemnizar a Pilar de Lara con 3.000 euros e a Estela San José con 1.500 euros.

FEITOS

Os comentarios sobre as xuízas foron publicados na páxina web ‘Faroverde.com‘, cuxa “titularidade e administración”, segundo recolle o auto ao que tivo acceso Europa Press, corresponde coa Asociación Unificada de Gardas Civís.

Na páxina podíase acceder “libremente a foros onde se compartían comentarios de diferente materia”. Alí, J.M.B. publicaba baixo os pseudóminos de ‘elpicodelavara’, ‘tiodelavara’ e ’60 folios’, mentres que P.U.B. empregaba o sobrenome ‘nohayjusticia’.

A xuíza Pilar de Lara tamén se rexistrou nese foro baixo o pseudónimo ‘Marioneta’, ‘Mantecada’ e ‘Campeonato’. Pola súa banda, Estela San José, que agora exerce en Huelva, tamén lía o publicado nese foro.

Nesa páxina os procesados verteron comentarios contra as maxistradas. Entre outros, o 15 de xuño de 2012, J.M.B. acusou a Pilar de Lara de instruír “unhas dilixencias sobre un tema urbanístico do Corgo no que estaba implicado un cuñado seu”, pese ao cal “non se abstivo”. Un mes despois lanzáronse insultos como “zorrón” ou “payasa”.

Tamén se alude a un episodio polo que Pilar de Lara “tocaba a guitarra e cantaba no coro da Igrexa Nova de Lugo” e o 25 de xuño de 2011 fixo a primeira comuñón a súa filla, “á que asistiu o acusado J.M.B.”. Segundo o auto xudicial, “cando ambos se cruzaron, o acusado quedou mirándoa fixamente”.

Posteriormente, o acusado envioulle as seguintes mensaxes baixo o nick ’60 folios’: “Marioneta, non te vin tocando a guitarra o domingo de Pascua”. Como consecuencia de dita mensaxe, Pilar de Lara “cambiou de igrexa, acudindo á Igrexa de San Froilán”, algo do que se decatou J.M.B., que lle enviou o 14 de abril de 2012 a seguinte mensaxe: “Marioneta, vai poñendo veas a San Froilán”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...