InicioSociedadeO garda civil suspendido por maquinar contra De Lara pide amparo no...

O garda civil suspendido por maquinar contra De Lara pide amparo no Constitucional

O garda civil insiste en que a actuación "foi a correcta" e pedirá amparo no Constitucional por entender que a decisión do Supremo "favorece a impunidade e o abuso de poder"

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Redacción | O garda civil suspendido de emprego polo Tribunal Militar Central por abuso de atribucións pedirá amparo ante o Tribunal Constitucional. A suspensión foi ratificada polo Tribunal Supremo, que considera probada a realización dun atestado no que o axente pretendía “dar apariencia delictiva” a un informe da maxistrada Pilar de Lara. O implicado na causa non descarta levar o caso á máis alta instancia, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

En declaracións á axencia Efe, o garda civil explicou que a sanción imposta “foi cumprida de xeito íntegro”, avanzando que presentará un recurso de amparo perante o Constitucional. J.M.B. dixo non compartir a decisión do Supremo, sostendo en todo momento que a actuación “foi a correcta”. “Tan convencido estou, que nas mesmas circunstancias procedería do mesmo modo”.

Considera o garda civil investigado que o recurso queda xustificado porque “é unha sentenza da Sala Militar do Tribunal Supremo, que favorece a impunidade e o abuso de poder”. Os maxistrados desestimaron o recurso contra a suspensión de emprego, considerando que é autor “dun abuso de atribucións que causa grave dano aos cidadáns e á administración”.

Maquinación contra De Lara

Os feitos datan de 2014, J.M.B. tivo acceso a un informe da titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, no que valoraba positivamente a actuación de dous membros do Instituto Armado que estaban “baixo as súas ordes” na investigación que daquela levaba a cabo. O garda civil emitiu un atestado en relación co escrito, engandindo que “descoñece se trala elaboración do informe pode existir un beneficio económico” para De Lara ou os axentes mencionados.

Relata o alto tribunal que “querendo que a actuación parecese da Garda Civil de Lugo, abusou das atribucións do cargo, pois en realidade a finalidade non era un asunto de servizo, senón un asunto puramente particular”. En consecuencia, a “conduta abusiva” do recorrente causou “un grave dano á maxistrada”, porque tivo “repercusión tanto na prensa como nas redes sociais”.

O garda civil, que recoñeceu abertamente unha “manifesta enemistade” coa xuíza, agarda sentenza polo xuízo celebrado no Xulgado do Penal de Lugo a mediados de xaneiro, tamén por outro episodio que atinxe De Lara. O Ministerio Público pide dous anos de cadea para o suposto autor de insultos graves e ameazas contra a maxistrada nun foro da benemérita.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...