Suba “espectacular” do número de visitantes á provincia de Lugo

Galicia logra unha marca histórica de 5,1 millóns de viaxeiros e sitúase á cabeza de crecemento turístico de España.

Festas coma o Arde Lucus aumentan a proxección de Lugo no sector turístico internacional | Óscar Bernárdez
Festas coma o Arde Lucus aumentan a proxección de Lugo no sector turístico internacional | Óscar Bernárdez

Galicia superou os 5,1 millóns de visitantes en 2019, o que pecha unha década de “marcas” neste ámbito e sitúa o país á cabeza de crecemento de EspañaDentro da comunidade, a provincia de Lugo lidera o aumento de turistas.

Os datos foron avanzados na cidade polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, durante a presentación do balance turístico en Galicia. Rodríguez tomou como referencia os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) para salientar o crecemento de visitantes na nosa comunidade.

Segundo informou, Lugo medrou un 13% en viaxeiros (máis de 785.000), unha suba “espectacular”, mentres que as estancias nocturnas se incrementaron nun 12,5% (máis de 1.440.000).

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here