InicioEconomíaA Deputación rescinde o contrato coa empresa de limpeza que non lles...

A Deputación rescinde o contrato coa empresa de limpeza que non lles pagaba ás traballadoras

O ente provincial contratará outra compañía que subrogue as 26 empregadas "para garantir os dereitos laborais e salariais".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo rescindirá o contrato coa empresa concesionaria da limpeza, que debe varias nóminas ás súas traballadoras. No seu lugar, contratará a outra compañía que terá que subrogar as 26 empregadas que prestaban os seus servizos nos distintos edificios provinciais.

A portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, deu a coñecer en rolda de prensa “a resolución do contrato”, logo de que a compañía entrara en fase de concurso de acredores.

“GARANTIR DEREITOS LABORAIS E SALARIAIS”

Ata a nova contratación traballarase “nunha solución temporal”. O proceso para a nova adxudicación “levará un tempo” e ata daquela existe “a posibilidade de encargar o traballo a Tragsa”, sinalou García Porto.

“Nós sempre temos claro o obxectivo e a prioridade de garantir os dereitos laborais dos traballadores, tamén os seus dereitos salariais. Son 26 persoas, 26 familias as que dependen deste servizo. Tal como nos comprometemos con elas, nunha reunión que mantivo o presidente coas traballadoras, imos velar polos seus intereses“, asegurou a voceira socialista.

+ posts

ÚLTIMAS

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...

Os exames oficiais Trinity de inglés celebraranse na UNED de Lugo

A UNED de Lugo acollerá o vindeiro mes de xuño unha nova convocatoria dos exames oficiais Trinity...

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...