InicioSucesosTerceiro caso de falsa venda de coches en Lugo: agriden unha vítima...

Terceiro caso de falsa venda de coches en Lugo: agriden unha vítima para estafarlle 20.000 euros

Unha banda lesionou e tiroteou en Monforte a un home que pretendía formalizar a compra dun Porsche Panamera. Fontes policiais sospeitan que os autores do roubo son os mesmos ca os que xa deron tres golpes anteriores en Galicia: dous en Lugo e un en Ourense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional están a cooperar nunha investigación conxunta para tratar de identificar, localizar e deter os membros dunha banda de falsos vendedores de coches que actuaron polo menos en catro ocasións en Galicia: tres veces en concellos da provincia de Lugo e unha no de Ourense. O último caso deuse en Monforte, onde un home acabou no hospital e sen 20.000 euros cando ía efectuar a compra dun Porsche.

A vítima recibiu un forte golpe de cabeza por parte dos membros da banda, cos que quedara para formalizar a compra-venda dun vehículo de alta gama. Fontes policiais informan de que todo indica que os autores deste violento roubo son os mesmos que antes protagonizaron sucesos similares en Sarria, Coles ou no propio concello de Monforte.

“O modus operanti é o mesmo”, aseguran. Cítanse coa vítima “no arrabalde dos núcleos de poboación” e “quítanlle o teléfono móbil” para que lles sexa máis fácil fuxir.

Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...