InicioMedioambiente e PatrimonioA USC premia ideas innovadoras de xestión territorial en Galicia

A USC premia ideas innovadoras de xestión territorial en Galicia

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) de Lugo convoca a terceira edición do certame Rafael Crecente, dotado con 3.000 euros en metálico para as dúas propostas gañadoras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural de Lugo (Ibader) vén de convocar en colaboración co Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da USC a terceira edición dos Premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial. Estes galardóns foron creados en homenaxe á figura do profesor Rafael Crecente Maseda (1964-2015), considerado como un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia.

A terceira edición dos Premios Rafael Crecente a Iniciativas e Ideas Innovadoras de Xestión Territorial está dotada con 3.000 euros en metálico para as dúas propostas máis valoradas: 2.000 euros para a idea gañadora e 1.000 para a segunda iniciativa máis cualificada.

Este certame pretende servir de estímulo para impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente  ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia. Trátase dun concurso aberto á participación de todas aquelas persoas que remataran a súa titulación de grao ou máster nos últimos cinco anos. O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 28 de febreiro de 2020 no enderezo electrónico premio.rafaelcrecente@usc.es.

O QUE SE VALORA

O Consello Científico do Ibader desenvolverá as funcións de comité avaliador, pero poderá solicitar o asesoramento de persoal experto externo. Os membros deste comité valorarán a viabilidade práctica da idea ou proxecto innovador, o impacto na sustentabilidade territorial e a xestión dos recursos en Galicia, así como os seus compoñentes de innovación social, como por exemplo, no eido da xestión da propiedade.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...