InicioMedioambiente e PatrimonioO PP pide que se conclúa o paseo interior da Muralla, logo...

O PP pide que se conclúa o paseo interior da Muralla, logo de “20 anos paralizado”

O voceiro popular, Ramón Carballo, tamén pide que se rehabiliten as fachadas do casco histórico para "dar unha mellor imaxe da cidade" aos turistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do PP no Concello de Lugo, Ramón Carballo, reivindicou este xoves que se conclúa co paseo interior da muralla romana da cidade.

Acompañado de parte do seu equipo de concelleiros ao pé dunha das entradas á Muralla, Carballo expuxo que iso sería “fundamental para conseguir o cuarto patrimonio da Humanidade”, ao entrar en xogo a petición para que toda a zona vella da cidade sexa recoñecido pola Unesco.

O edil popular reprobou que dito “paseo interior” da muralla “leva 20 anos paralizado” e culpou os socialistas de “non facer nada” ao respecto durante os seus mandatos. “Hai fondos europeos, houbo fondos europeos. Desde o Concello non se fixo nada con iso nin cos fondos propios”, criticou.

Ademais, Carballo advertiu de que “si que hai cinco tramos de paseo que foron acondicionados, pero ningún deles segue un proxecto único ou unificado para todo un paseo interior”. Xustamente iso é o que pedirán no vindeiro pleno municipal, segundo avanzou.

REHABILITAR FACHADAS DO CASCO HISTÓRICO

Así mesmo, os populares demandan que o goberno local “axude a que as partes posteriores das fachadas, no centro histórico, se poidan rehabilitar” para “dar unha mellor imaxe desde o adarve” ante os turistas que visitan este monumento .”Queremos acondicionar esas fachadas posteriores para convertelas en fachadas principais dos edificios e así mellorar a imaxe da cidade”, recalcou.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...