InicioSucesosPiden cinco anos para unha muller que estafou á persoa que coidaba

Piden cinco anos para unha muller que estafou á persoa que coidaba

A acusada manipulou a vítima para que lle entregase máis de 136.000 euros das súas contas bancarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller enfróntase a unha petición de cinco anos de prisión acusada de manipular unha persoa que estaba ao seu coidado e que presentaba problemas de alteracións da memoria, intelixencia e orientación, para entregarlle máis de 136.000 euros das súas contas bancarias. O xuízo celebrarase a partir do martes na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

Os feitos ocorreron no ano 2016. A acusada, M.A.G., fora contratada para atender e realizar os coidados da vítima, MD.B.B., con problemas de alteracións nas súas funcións psíquicas, de memoria, intelixencia e orientación que supuñan unha severa dificultade para gobernar a súa persoa e os seus bens.

Segundo a fiscalía, entre os meses de febreiro e outubro, a muller levou no seu vehículo á vítima a través de distintas entidades bancarias nas que esta persoa contaba con contas correntes, e nas que retirou importantes cantidades de diñeiro.

En suma, as contías retiradas ascenderon a máis de 136.000 euros e a acusada, mediante enganos e aproveitándose da súa situación de debilidade, convenceu a MD. de que lle entregase o montante retirado.

A fiscalía considera os feitos como un delito continuado de estafa, e pide unha pena de cinco anos de prisión para a muller.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatá o goberno de Lugo ao bipartito do PSOE...

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...