InicioSociedadeA Xunta licita o proxecto da nova estación de buses e o...

A Xunta licita o proxecto da nova estación de buses e o intercambiador

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, confía en que os proxectos estean xa "moi avanzados en 2020".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, viaxou ata Lugo para anunciar que a Xunta de Galicia sacou este venres a licitación a redacción dos proxectos da futura estación de autobuses da cidade, integrada na intermodal, e do intercambiador e da gran praza que será construída no centro da capital lucense, en terreos que agora ocupa a actual terminal.

En declaracións aos medios de comunicación, precisou que o prazo para presentar ofertas no caso da nova estación de autobuses estará aberto ata o día 4 de novembro, o orzamento dos traballos é de 195.000 euros e o prazo de execución de 11 meses.

No caso do intercambiador que permitirá conectar o centro da cidade coa intermodal e da gran praza que será construída nos terreos que agora ocupa a estación de autobuses de Lugo, o orzamento de licitación do proxecto é de 48.000 euros e terá que estar listo en cinco meses.

Damos un paso importante. Avanzamos nun trámite necesario para desenvolver un proxecto estratéxico para que a cidade de Lugo se suba ao transporte intermodal”, dixo Ethel Vázquez, quen tamén lembrou que “o camiño crítico” para o desenvolvemento desta infraestrutura non son os documentos técnicos, senón “o texto do convenio que teñen que asinar” as tres administracións implicadas.

Nese sentido, recoñeceu que espera ter noticias sobre as observacións de Adif e o Concello de Lugo á proposta de convenio presentada pola Xunta de Galicia “hai moito tempo” na reunión a tres bandas que se producirá o vindeiro martes en Madrid.

Confía en que os proxectos estean xa “moi avanzados en 2020”, así como en que nese tempo tamén se produzan avances na firma do convenio, un trámite que é “imprescindible” para dotar Lugo dunha intermodal, tendo en conta de que hai que encaixar a infraestrutura na planificación urbanística da cidade e compasar a construción de ambas as terminais.

“A estación de autobuses vai sobre o aparcadoiro subterráneo” que construirá Adif dentro do proxecto da terminal de trens, lembrou Ethel Vázquez, quen confía en que haxa en Lugo o mesmo nivel de “entendemento” e cooperación institucional que hai noutras cidades galegas onde as intermodais xa están en obras.

En canto ao “gran espazo público” que se creará nos terreos que actualmente ocupa a estación de autobuses, confirmou que cumprirá “unha función social e económica, porque se pensará no pequeno comercio; pero tamén no medio ambiente, porque disporá de moitas zonas verdes“.

Contará con “zonas para os comercios” que actualmente exercen a súa actividade na estación de autobuses, pero tamén “con zonas verdes e co intercambiador” para conectar o centro da cidade coa intermodal. EFE

ÚLTIMAS

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

A Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

O Pleno da Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de investimentos específico...

Arquivada a causa aberta contra o presidente de Castilla y León por unha entrada para ver ao Real Madrid

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Joaquín Brage, asinou este...

Detidos dous veciños de Lugo como autores de varios roubos con forza en vivendas e por tenencia de armas

Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores...