Home Lugo e contorna Elena Candia aposta claramente por Feijóo como candidato do PPdeG ás eleccións galegas do 2020

Elena Candia aposta claramente por Feijóo como candidato do PPdeG ás eleccións galegas do 2020

0
Elena Candia aposta claramente por Feijóo como candidato do PPdeG ás eleccións galegas do 2020
Elena Candia, Ramón Carballo e Núñez Feijóo durante a ratificación do presidente do Partido Popular en Lugo | PP

A presidenta do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, animou ao presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a volver presentarse á reelección ao considerar que sería unha “boa noticia” para Galicia.

Elena Candia pronunciouse deste xeito en declaracións aos medios antes de participar no pleno da Deputación de Lugo e un ano antes de que teñan lugar as eleccións galegas, se non se produce adiante electoral.

“Se algo ten claro todo o Partido Popular de Galicia e, eu creo, de toda España, é que en Galicia temos o privilexio de ter un gran líder e un gran xestor“, manifestou.

Con todo, asegurou que respectará a decisión que tome o máximo mandatario autonómico. “Evidentemente, explicado así, parece que é unha obrigación, pero indubidablemente para todos os militantes, para os meus, polo menos persoalmente, e creo que para todos os que represento (máis de dez mil afiliados na provincia de Lugo) que Feijoo decidise que se volve a presentar sería unha boa noticia“, incidiu.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here