Home Lugo e contorna Lugo A Deputación investirá 72.000 euros nun vial de Castelo, en Lugo

A Deputación investirá 72.000 euros nun vial de Castelo, en Lugo

0
A Deputación investirá 72.000 euros nun vial de Castelo, en Lugo
Reunión cos veciños de Castelo do presidente da Deputación, Darío Campos, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o voceiro municipal, Miguel Fernández, e o concelleiro de Infraestruturas, Manuel Núñez | Deputación de Lugo

Os máximos responsables da Deputación e o Concello de Lugo anunciaron este martes un investimento de 72.000 euros na rede viaria da parroquia de Castelo. O avance desta actuación chegou logo dun encontro entre veciños da zona e a alcaldesa, Lara Méndez, o presidente do ente provincial, Darío Campos, e o concelleiro de Infraestruturas, Manuel Núñez.

Méndez informou aos participantes no percorrido de que, con cargo ao Plan Provincial Único de Cooperación, asfaltarase a vía que vai paralela á estrada de Fonsagrada e da pista que conduce ata a igrexa. Amais, no primeiro treito colocarase tamén unha barreira de seguridade no terraplén lateral. As obras na parroquia terán un custe de 72.600 euros.

O Plan Único permitirá acometer neste 2018 outras oito actuacións en estradas do concello. Asemade, está previsto o acondicionamento de dous locais sociais no rural e a humanización da rúa Ramón Montenegro. A partida total para a comarca de Lugo será de 538.000 euros, con medio millón de achega do Deputación, e o restante por parte do Concello.

O Presidente provincial aproveitou a lembrar que, froito da colaboración entre as entidades local e provincial, hai dúas actuacións previstas na contorna do río Rato, por valor de dous millóns de euros. A primeira intervención, no paseo, está en execución, mentres que a segunda consistirá no acondicionamento dun carril bici.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here