Lugo, pioneira na recuperación das terras abandonadas

A deputación axudou a recuperar unhas 2.000 hectáreas de terras abandonadas en Lugo.

Explotación de viñedos en Lugo / Evega

O programa financiado pola Deputación Provincial de Lugo para recuperar terras improductivas nesta provincia permitiu que unhas 2.000 hectáreas de terreo que estaban totalmente abandonadas volvan producir para explotacións agrarias e gandeiras da zona rural lucense. A provincia segue sendo pioneira nun programa que pretende fixar poboación no rural.

Segundo informou o propio goberno provincial, a última edición do Plan de Recuperación e Incorporación de Terras para a posta en Produción de Recursos Gandeiros permitiu pór en valor unhas catrocentas hectáreas de terras abandonadas.

A portavoz socialista Pilar García Porto precisou que se trata dun “programa pioneiro nunha administración pública galega, que a Deputación de Lugo puxo en marcha no ano 2014”.

Grazas ás sucesivas convocatorias, a día de hoxe, indicou, “gandeiros e agricultores lucenses puxeron en produción máis de 2.000 hectáreas de terreos baldíos na provincia”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here