InicioEconomíaLugo está entre as cidades máis baratas para compartir piso

Lugo está entre as cidades máis baratas para compartir piso

O prezo medio rolda os 170 euros mensuais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo é a cuarta cidade de España cos prezos máis baixos á hora de compartir un aloxamento, segundo un informe anual do portal inmobiliario pisos.com. En concreto, o prezo medio é de 170,97 euros mensuais.

No ránking publicado pola páxina, Lugo atópase por detrás de Zamora (152,43€/mes), Badaxoz (165,15€/mes) e Ciudad Real (168,51€/mes).

A CORUÑA, ONDE MÁIS DEMANDA HAI

Pola súa banda, A Coruña sitúase como a novena provincia con maior concentración de inquilinos en busca dunha habitación nun piso compartido. Por diante sitúanse provincias como Madrid (22,14%), Barcelona (21,90%) ou Sevilla (7%).

A Coruña (1,47%) tamén irrompe na listaxe de capitais de provincia con máis demanda desta clase de vivendas, situándose no posto número 10, moi preto de cidades como Bilbao (1,69%) e Palma de Mallorca (1,70%).

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...