InicioSociedadeA Xunta achega dous millóns de euros para mellorar seis estradas da...

A Xunta achega dous millóns de euros para mellorar seis estradas da montaña luguesa

En total, arranxaranse uns cen quilómetros que afectan, na súa maioría, aos municipios da Fonsagrada e Baleira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, compareceu este luns en rolda de prensa para anunciar un investimento de 2,1 millóns de euros no acondicionamento de cen quilómetros de estradas da montaña de Lugo.

Balseiro avanzou que se inician “os traballos deste ambicioso plan de mellora, que vai supoñer actuar sobre cen quilómetros de vías, dos cales preto do 40 por cento corresponden ao concello da Fonsagrada e o 18 por cento ao municipio de Baleira“. “Son vías que vertebran ambos concellos, pero tamén determinan as conexións con Baralla, Castroverde, Pol, Meira e con Lugo”, concretou, para logo engadir que se prevé que as obras de reforzo do firme rematen antes de finais de outubro.

En total, interviríase en seis estradas que afectan a sete concellos: A Fonsagrada, con máis de 38 quilómetros; Baleira, 17,6; Baralla, 9,9; Pol, 9,8; en Castroverde, 8,5 e en Meira, 2,4. Tamén se traballará en 12,5 quilómetros da estrada que conecta Lugo coa Fonsagrada, cun investimento de 337.150 euros.

REUNIÓN

Polo demais, Balseiro tamén aproveitou para responder á petición de entrevista que solicitou o tenente de alcalde do Concello de Lugo, o nacionalista Rubén Arroxo, para comprobar como vai o Plan Paraday. Respecto diso, Balseiro dixo que esperará a que conclúa as súas vacacións a alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, para non ter que tratar o asunto dúas veces, e así exporlles a ambos como se atopa tal plan con afectación ata a estación de ferrocarril.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...