InicioPolíticaArias non estará na executiva provincial do PSdeG: "O que gañou, gañou"

Arias non estará na executiva provincial do PSdeG: “O que gañou, gañou”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, José María Arias, aclarou que el non formará parte da nova executiva provincial do PSdeG de Lugo, que quedará conformada no congreso que se celebrará este sábado -día 27 de xullo-, porque a súa rival pola Secretaría Xeral, Patricia Otero, impúxose nas primarias e el concorría a ese proceso “cun proxecto diferente”.

“O que gañou, gañou“, dixo Arias, quen precisou tamén que a el lle toca agora “respectar as regras do xogo e ao partido”, porque “os militantes” elixiron a Patricia Otero e ao proxecto político que lles presentou.

Nese sentido, precisou que si estará “no comité provincial” e noutros “órganos do partido”, pero non na executiva, porque el concorreu ás primarias “cun proxecto diferente” ao que defendeu Patricia Otero e que foi referendado polo 67% dos votos da militancia. Este luns, Otero dixo que quería integrar a “outras sensibilidades” pero non contaba con Arias na Executiva porque xa declinara anteriormente o seu ofrecemento.

En todo caso, tamén deixou claro que estará “aí para arrimar o ombreiro” polo Partido Socialista, “con ela ou con quen estea” na Secretaría Xeral, como fixo “sempre”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...