InicioPolíticaO PP de Lugo destaca o investimento da Xunta para a mellora...

O PP de Lugo destaca o investimento da Xunta para a mellora de 10 centros educativos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro do Partido Popular (PP) de Lugo Javier Vázquez Prado destacou o investimento de máis de 180.000 euros por parte da Xunta para a renovación, construción e rehabilitación de 10 centros educativos de face ao comezo do próximo curso 2019-2020.

As actuacións previstas son, entre outras, a renovación da cuberta e fachada posterior ao IES Xoán Montes, a transformación da instalación eléctrica, reformas en aseos, así como a adecuación da iluminación dun salón de actos.

Conforme a isto, tamén se atopa en fase de execución a construción dun novo colexio do Sacro Corazón (4.269.194 euros), así como a remodelación integral de tres centros educativos como son o CEIP Luís Pimentel (469.455 euros), o CEIP de Casás (826.923 euros) e o IES Muralla Romana (940.937 euros).

Pola súa banda, o edil do PP sinalou nun comunicado que “estas actuacións contribuirán á mellora da seguridade e accesibilidade dos centros”. Así mesmo, asegurou que teñen por obxectivo “interferir o menos posible na dinámica dos colexios e institutos”, polo que as obras terán lugar ao longo do período estival.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...