InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaAvanza o acordo PSOE-BNG en Lugo e noutros concellos, agás na Fonsagrada

Avanza o acordo PSOE-BNG en Lugo e noutros concellos, agás na Fonsagrada

Os socialistas insisten en que Argelio Fernández "é o seu candidato" na Fonsagrada. O alcalde en funcións di que se goberna o PP neste concello "será responsabilidade" do BNG tras pedir a súa cabeza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Socialistas e nacionalistas prevén asinar este venres, día 14 de xuño, o acordo para conformar un goberno bipartito Lugo tras as eleccións municipais do 26 de maio, nas que a suma dos edís do PSOE –oito– e do BNG –cinco– alcanzan a maioría absoluta.

Segundo conformaron os equipos de negociación de ambas as partes, as dúas formacións selarán o seu pacto despois de manter cinco reunións –a última terá lugar na tarde deste xoves– e un día antes do pleno de constitución que terá lugar ás 10,00 horas deste sábado.

Antes da firma e a partir das 20,00 horas deste xoves, o BNG someterá a asemblea as condicións do acordo e deixarase para o venres “algún floco” e a sinatura do pacto de goberno que levará de novo á alcaldía á socialista, Lara Méndez. Os socialistas contan con oito concelleiros que sumados ao cinco do BNG reunirían trece para a maioría, fronte á suma de 12 de PP (10) e Cs (2).

“BOA SINTONÍA”

Fontes do Partido Socialista falaron este xoves de “boa sintonía” aínda que admiten que, como en toda negociación, houbo “algunha tira e puxa” ante o que pesou máis “dar un goberno estable e progresista” á cidade de Lugo.

Ademais nas filas socialistas puxo especial énfase en que ambos os programas conteñen “moitas cousas en común, como a mobilidade, elmedio ambiente, unir o Miño coa cidade ou a peonalización”.

Tras a última reunión do mércores, o alcaldable nacionalista, Rubén Arroxo, advertía que “o que está claro é que escribir o futuro de Lugo leva tempo e ten moita responsabilidade“. “E de aí o ter tantas reunións e tantas horas, é porque temos que profundar en todos os puntos para este proxecto que temos que ter para os próximos anos”, apuntou.

“Hai unha vontade positiva e estamos a tentar ser construtivos porque o que nos importa é que este concello funcione e seguiremos nesa mesma liña, tentar que antes do sábado este o acordo pechado”, remarcou.

SITUACIÓN NA PROVINCIA

Polo demais, na provincia, o secretario provincial do PSOE, Álvaro Santos, considerou que “non debería haber ningunha sorpresa” na constitución dos 67 concellos da provincia. “Aínda queda tempo ata o sábado, e o sábado todos os concelleiros desta provincia teñen unha gran responsabilidade que é antepor os intereses da cidadanía aos desexos persoais que poida ter calquera”, sinalou.

Así deixou clara a “total dispoñibilidade” dos socialistas “tanto a impulsar acordos onde son chave como a impulsar acordos onde son a forza” maioritaria. Un das frontes que lla abren ao PSOE é A Fonsagrada, lugar no que o BNG esixe a renuncia do actual alcalde e vicepresidente da deputación, Argelio Fernández, para investir alcalde a outro socialista.

Respecto diso, Santos aferrouse a que “Argelio é o candidato á alcaldía do PSOE, Argelio é o alcalde da Fonsagrada e quen lidera o proxecto socialista na Fonsagrada”. Tamén o rexedor da localidade suliñou en declaracións a Efe que se finalmente o Partido Popular acaba gobernando nese municipio será “responsabilidade do BNG”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...