InicioEconomíaA Xunta advirte de que o edificio que prevé demoler Fomento para...

A Xunta advirte de que o edificio que prevé demoler Fomento para a intermodal está protexido e necesita permiso

A Consellería de Cultura ratifica que o edicificio anexo á estación de ferrocarril está protexido polo catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura ratificou este xoves que o edificio de Correos de Lugo, anexo á estación de ferrocarril, está protexido polo catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal e que, para a súa demolición, que prevé o proxecto da intermodal, necesita dunha autorización.

A Xunta explicou que o proxecto de Fomento para a execución da futura estación intermodal da capital lucense, que prevé a súa demolición, non foi presentado á Xunta, “que en base a esa protección deberá sometelo a autorización de querer levalo a cabo”.

O deseño exposto por Fomento e o Concello de Lugo, explica a Xunta, “non foi remitido á Consellería de Cutura”. “A Dirección Xeral de Patrimonio recibiu tecnicamente aos seus responsables. En todo momento informouse de que o edificio protexido, tal e como consta na ficha do catálogo, inclúe tanto a catalogación do de ferrocarril como de Correos”.

Por iso, apuntan, as obras “deben ser autorizadas pola Consellería de Cultura” e “sempre deben ir encamiñadas a garantir a contemplación adecuada do edificio catalogado, a manter os valores ambientais e a harmonizar coas condicións da contorna”, inciden.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...