InicioEconomíaAs empresas de autobuses xa teñen os servizos especiais para o Eixo...

As empresas de autobuses xa teñen os servizos especiais para o Eixo Atlántico, Lugo e A Mariña o día da eclipse

As persoas usuarias poderán beneficiarse das bonificacións da Xunta, incluídas as viaxes gratuítas para menores de 21 anos co cartón Xente Nova e para os maiores de 65 anos coa tarifa +65

PUBLICADA O

- Advertisement -

As empresas de autobuses Monbus e Arriva teñen xa dispoñibles nos billetes para os servizos especiais cos que a Xunta reforza o transporte público por estrada no Eixo Atlántico, en Lugo e na Mariña o día da eclipse solar, 12 de agosto.

Tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, este dispositivo facilitará os desprazamentos cara ás zonas con mellores condicións para observar a eclipse, ofrecerá unha alternativa ao vehículo privado e reducirá a presión sobre as estradas nunha xornada na que se prevé unha “elevada afluencia”.

Concretamente, no Eixo Atlántico habilítanse conexións especiais desde a estación intermodal de Vigo cara ás estacións de autobuses da Coruña e Ferrol. Na ruta Vigo-Ferrol incorpórase un servizo especial con saída ás 12.35 horas e chegada prevista ás 15.30 horas, con paradas nas estacións de autobuses de Pontevedra e Santiago, en Pontedeume, Fene e, xa en Ferrol, na avenida das Pías e o barrio do Pilar.

Na ruta Vigo-A Coruña habilítase un servizo especial con saída ás 14.00 horas, con paradas na estación de autobuses de Pontevedra, na de Santiago e na avenida de Alfonso Molina da Coruña. En ambos os itinerarios habilítase un servizo especial de regreso ás 23.00 horas, unha vez finalizada a observación da eclipse.

Cambiando de provincia, en Lugo incorpórase unha nova saída ás 17.00 horas na liña Lugo-Meira-Ribadeo. O traxecto realizará as paradas habituais en Castro de Rei, Pol, A Pastoriza, Meira, Riotorto, A Pontenova, San Tirso de Abres, Trabada e Vegadeo. O regreso desde Ribadeo será ás 22.30 horas.

Neste sentido, dentro da Mariña lucense refórzase a conexión entre Ribadeo e as praias de Foz cunha nova saída ás 18.00 horas. Os servizos especiais de regreso están programados para as 21.30 e as 22.00 horas.

Todos os billetes xa están dispoñibles nas páxinas web de Monbus e Arriva. Ademais, o propio día da eclipse tamén será posible compralos nas estacións de autobuses — ata dúas horas antes da saída no caso dos servizos do Eixo Atlántico — e nos propios vehículos nas liñas de Lugo e da Mariña, ata completar o aforamento dispoñible.

Ademais, as persoas usuarias poderán beneficiarse das bonificacións da Xunta, incluídas as viaxes gratuítas para menores de 21 anos co cartón Xente Nova e para os maiores de 65 anos coa tarifa +65.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...