InicioTerra CháA PastorizaArquivado un proxecto eólico na Pastoriza que non superou o trámite ambiental...

Arquivado un proxecto eólico na Pastoriza que non superou o trámite ambiental por afectar ao milano real

Flora e fauna "veríanse directamente afectadas" polo cableado do parque

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta arquivou o proxecto eólico de Greenalia chamado Graxón, no municipio lucense da Pastoriza, despois de non superar o trámite ambiental. Na declaración ambiental negativa publicada a comezos de ano, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural identificou que a flora e fauna de hábitats naturais “veríanse directamente afectados” polo cableado do parque. E chamaba a atención sobre o milano real (‘Milvus milvus’), especie en perigo de extinción, con “probabilidade elevada de chocar” contra a infraestrutura eólica, o que “tería consecuencias poboacións significativas”.

Entre outras cuestións, Greenalia propuña que, en caso de colisión dos milanos, se reintroducirían exemplares criados en catividade ou procedentes dos centros de recuperación de fauna para compensar as mortes destas aves.

Agora, a Consellería de Economía e Industria publica –este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG)– o arquivo definitivo deste proxecto e procede a cancelar a garantía de 252.000 euros depositada por Greenalia Wind Power. O proxecto deste parque de 6,6 megawatts estaba composto por un aeroxerador e a súa infraestrutura asociada, cun orzamento de 5,5 millóns de euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...