InicioEconomíaO sector agrario organízase en grupos de WhatsApp para protestar o martes...

O sector agrario organízase en grupos de WhatsApp para protestar o martes en Lugo contra as políticas europeas

A Xunta mostra o seu apoio "contundente" ás "reivindicacións" de agricultores e gandeiros e pide ao Goberno que interceda ante a UE.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Agricultores e gandeiros da provincia de Lugo, organizados a través de grupos de WhatsApp, participarán este martes nunha tractorada polas rúas da capital para protestar contra unhas políticas europeas adoptadas en materia agraria que, advirten, ameazan con “acabar coa independencia alimentaria” do país.

A concentración, á que acudirán produtores e profesionais do sector procedentes de diferentes municipios da provincia, terá lugar en Lugo ao redor das 12.00 horas deste martes e estará encabezada por un movemento cidadán e popular mobilizado á marxe das grandes organizacións agrarias.

“Decidimos saír á rúa para trasladar o malestar do sector agrario en xeral e para tentar reverter unha situación que acaba connosco economicamente. Non podemos consentir as políticas da Unión Europea porque ameazan o noso modo de vida”, explicou, en declaracións a Europa Press, Roberto López, gandeiro lucense e portavoz da asociación Agromuralla, que participará nas mobilizacións. Unhas mobilizacións que seguen a liña das rexistradas os últimos días en diferentes puntos do país e noutros territorios da Unión Europea e que xa arrincaron este luns en Lugo co desprazamento dalgunhas decenas de vehículos agrícolas cara á capital da provincia.

APOIO “CONTUNDENTE” DA XUNTA ÁS REIVINDICACIÓNS

O conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, José González, trasladou este luns ao sector agrario o “posicionamento contundente e claro” do Executivo autonómico coas “reivindicacións” de agricultores e gandeiros. González, que instou nas súas declaracións ao Goberno central a “situarse contra esa lexislación europea que está a motivar protestas e manifestacións por toda Europa”, asegurou que o que necesitan neste momento os agricultores e gandeiros galegos son “aliados”.

“Desde que comezamos a negociación desta PAC (Política Agraria Común), dixémoslle ao Goberno que era unha PAC que ía dar problemas aos nosos agricultores e gandeiros porque tiña esixencias ambientais excesivas que se ían a traducir en dificultades para a viabilidade económica das nosas explotacións”, manifestou o conselleiro.

Unha lexislación, agregou José González, que “impón trabas burocráticas inasumibles” para os profesionais do sector e que xustifica, deslizou, a convocatoria de protestas. “Rexeitamos calquera acto de violencia nas manifestacións pero situámonos claramente a favor das reivindicacións dos nosos agricultores e gandeiros”, finalizou o conselleiro do Medio Rural.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...