InicioEconomíaA provincia de Lugo lidera o incremento de paro en xaneiro, cun...

A provincia de Lugo lidera o incremento de paro en xaneiro, cun 3,51% máis

Hai 431 parados máis que en decembro pasado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de parados rexistrados nas oficinas galegas dos servizos públicos de emprego subiu en 1.597 persoas en xaneiro, en relación co mes anterior tras o fin da campaña de Nadal, o que supón un aumento do 1,23%, inferior ao 2,23% rexistrado a nivel estatal.

Segundo os datos publicados este venres polo Ministerio de Traballo e Economía Social, Galicia conta na actualidade cun total de 131.101 desempregados, 13.937 menos que en xaneiro de 2023, o que representa unha caída do 9,62% nun ano. Este descenso tamén é superior ao rexistrado a nivel estatal, cunha baixada interanual do 4,83%.

Por provincias, foi A Coruña onde máis creceu o paro, con 696 desempregados máis en xaneiro, un 1,34% máis. Con todo, no último ano reduciu as súas cifras en 5.733 persoas, ata 52.563 parados, un 9,83% menos. En Lugo hai na actualidade 12.820 persoas sen emprego, 435 máis que hai un mes (+3,51%), pero 1.005 menos que hai un ano (-7,27%). Situación similar viviu Ourense, con 15.387 parados, un 367 máis que en decembro (+2,44%) e 1.191 menos que en xaneiro de 2023 (-7,18%).

Por último, na provincia de Pontevedra hai na actualidade 50.331 desempregados, 99 máis que en decembro (+0,2%), e 6.018 menos que hai un ano (-10,68%). Do total de parados galegos, un 57,9% é muller e un 3,96% ten menos de 25 anos.

Por sectores, todos diminuíron o número de parados excepto os servizos, que aumentaron en 2.006 persoas, ata 93.681 desempregados en xaneiro. Mentres tanto, a agricultura pechou o mes con 4.321 parados (-65); a industria con 12.909 (-171); a construción con 8.907 (-51) e 11.283 desempregados non tiveran un traballo antes (-122).

SEGURIDADE SOCIAL

Pola súa banda, a Seguridade Social perdeu unha media de 11.752 cotizantes en Galicia durante xaneiro, o que supón un 1,11% menos que un mes antes, segundo datos publicados este venres polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, recollidos por Europa Press.

Desta maneira, o número total de afiliados quedou en algo máis de 1,05 millóns de persoas en Galicia, gañando 19.792 cotizantes no último ano, un 1,92% máis. Por provincias, o sistema contabiliza 455.783 afiliados na Coruña (un 2,32% máis que hai un ano), así como 122.793 en Lugo (+1,22%), 104.526 en Ourense (+1,47%) e 367.428 en Pontevedra (+1,78%). En Galicia, 828.446 cotizantes correspondían ao réxime xeral, así como 203.788 eran autónomos e 18.296 persoas traballaban no Mar.

ÚLTIMAS

Un ataque de tose dunha condutora faille perder o control e chocar contra outro coche en Lugo

Unha colisión frontal entre dous vehículos, rexistrada nas últimas horas na cidade de Lugo, saldouse cos...

Fiscalía retira a súa acusación contra unha dirixente de Resistencia Galega e rebaixa a 1 ano e medio a súa petición para outro

A Fiscalía da Audiencia Nacional retirou este martes a acusación contra a dirixente de Resistencia Galega...

Besteiro encabezará a lista de delegados ao Congreso Federal do PSOE pola provincia de Lugo

A executiva do PSOE provincial de Lugo aprobou a lista de 13 delegados e...

A AN xulga desde este martes a dous dirixentes de Resistencia Galega por un atentado contra o concello de Baralla

A Audiencia Nacional (AN) xulga desde este martes a dous dirixentes do grupo terrorista Resistencia...