InicioSociedadeCSIF acusa ao Consorcio de Bombeiros de Lugo de "persecución" a un...

CSIF acusa ao Consorcio de Bombeiros de Lugo de “persecución” a un membro do comité de folga

CSIF tacha de "sen sentido" que o Consorcio "decida amoestar a un traballador por cumprir coa súa responsabilidade e advertir da falta de efectivos coa preparación necesaria para facer fronte a calquera emerxencia, en aras de garantir a seguridade tanto dos demais membros do servizo como da cidadanía".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) acusa ao Consorcio de Bombeiros de Lugo de “presumible persecución” a un bombeiro do parque de Vilalba tras abrirlle un expediente informativo que podería derivar en expediente disciplinario, segundo sostén, por trasladar en días pasados a incidencia cun efectivo que non contaba coa capacitación e idoneidade para o desempeño das súas funcións.

Nun comunicado, CSIF tacha de “sen sentido” que o Consorcio “decida amoestar a un traballador por cumprir coa súa responsabilidade e advertir da falta de efectivos coa preparación necesaria para facer fronte a calquera emerxencia, en aras de garantir a seguridade tanto dos demais membros do servizo como da cidadanía”.

O sindicato defende que o traballador actuou con dilixencia e responsabilidade, polo que entende que detrás da resposta do Consorcio “pode haber motivos que nada teñen que ver cunha falta pola súa banda, senón cunha posible represalia debido ao conflito que enfronta nestes momentos a xerencia e bombeiros, en folga desde o pasado mes de xuño“. E é que esta persoa é delegado sindical desta CSIF, membro do comité de empresa e actualmente membro do comité de folga. Ademais, o día dos feitos, exercía de xefe de quenda no parque de Vilalba.

Segundo relata nas alegacións presentadas ao expediente informativo, o profesional comunicou a falta de preparación da persoa enviada de apoio ao parque despois de falar con ela e esta “recoñeceu que descoñecía e non sabía manexar o vehículo de altura (ABA) con brazo articulado e cesta; que non sabía conducilo nin estabilizalo nin estaba capacitada para subir á cesta para traballos en altura”. A deficiencia comunicada tiña dous precedentes de días anteriores, xa que outros dous xefes de parque trasladaron a mesma queixa respecto da falta de preparación desta persoa ao Consorcio, explica CSIF.

Tras recibir a comunicación, o Consorcio procedeu a enviar outra persoa de reforzo, polo que para CSIF resulta “aínda máis inxustificada a posterior apertura dun expediente informativo como advertencia dunha posible e futura responsabilidade na súa denuncia”, “cando o realmente reprochable sería ao contrario: o non pór en coñecemento dos organizadores do servizo a circunstancia mencionada de falta de capacitación do persoal”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...