InicioEconomíaDecenas de profesionais de horticultura reúnense na cidade estes días

Decenas de profesionais de horticultura reúnense na cidade estes días

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento da Deputación de Lugo, Miguel Fernández, participou este luns na apertura do 52º Seminario de Técnicos e Especialistas en Horticultura, no que participan 30 profesionais e que conta co apoio da institución provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento da Deputación de Lugo, Miguel Fernández, participou este luns na apertura do 52º Seminario de Técnicos e Especialistas en Horticultura, no que participan 30 profesionais e que conta co apoio da institución provincial.

Miguel Fernández destacou a importancia deste encontro para “intercambiar coñecementos e mellorar as infraestruturas e as formas de investigación”, e tamén puxo en valor o “compromiso” da Deputación con esta actividade e co sector primario en xeral, con iniciativas como a posta a disposición da cidadanía de maneira gratuíta dos hortos urbanos do Rato.

Na apertura do seminario, que se celebra na Escola Politécnica Superior do Campus Terra, participaron tamén o coordinador das xornadas, Benigno Ruiz Nogueiras; o coordinador nacional do encontro, Sotero Molina; o subdirector da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Manuel López Luances; deputados provinciais e concelleiros.

Este seminario reúne en Lugo a máis de 30 especialistas en horticultura de toda España, e servirá para presentar os resultados das últimas investigacións e experimentacións realizadas neste ámbito. O obxectivo do encontro é transferir o coñecemento xerado para conseguir produtos de calidade, e garantir un futuro sustentable e rendible para o sector hortofrutícola.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...