InicioEconomíaA primeira fase da ampliación do parque empresarial de Muimenta queda completa...

A primeira fase da ampliación do parque empresarial de Muimenta queda completa cun investimento de 1,6 millóns

Esta primeira etapa da ampliación incluíu actuacións relativas á urbanización, as conexións ás redes de saneamento, de abastecemento, de telefonía e de electricidade e ás ligazóns coa estrada LU-120.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia completou a primeira fase da ampliación do parque empresarial de Muimenta tras un investimento de 1,6 millóns de euros, segundo anunciou este venres a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, durante unha visita a esta área industrial do Concello de Cospeito.

Esta ampliación permitiu incrementar a superficie do parque en case 25.000 metros cadrados, dos que case 13.000 metros serán 14 parcelas que oscilan entre os 423 metros e os 1.605 metros. Os restantes destinaranse a zonas verdes e vías.

Segundo recolle o Goberno galego nun comunicado, Vázquez explicou que a comercialización das parcelas xa se incluíu no concurso de venda convocado por Xestur o pasado mes de febreiro e a apertura das ofertas está prevista para os próximos días.

Neste sentido, indicou que os adxudicatarios destes terreos beneficiaranse da bonificación do 50% que a Xunta aplica á adquisición de parcelas nos parques empresariais da provincia de Lugo.

Esta primeira etapa da ampliación incluíu actuacións relativas á urbanización, as conexións ás redes de saneamento, de abastecemento, de telefonía e de electricidade e ás ligazóns coa estrada LU-120 e coas vías das que xa dispuña o parque.

“O ano 2022 foi un dos mellores en venda de parcelas en polígonos industriais coa adxudicación de 540.000 metros cadrados”, lembrou Ángeles Vázquez.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...