InicioEconomíaTransportistas aplauden o novo desvío da A-6 en Doncos e consideran que...

Transportistas aplauden o novo desvío da A-6 en Doncos e consideran que é a “mellor alternativa”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación lucense de transporte Aetram aplaudiu este venres o anuncio realizado polo Goberno central de habilitar un novo desvío da A-6 á altura do quilómetro 438, en Doncos, a que ven como a “mellor alternativa” para o tráfico pesado que ve dificultada a saída cara á meseta polo afundimento do viaduto do Castro.

Os responsables do Goberno deron a coñecer este xoves esta decisión nunha reunión por videoconferencia con transportistas. Con este desvío son tres as alternativas que se fixan para circular cara á meseta por Lugo, dúas delas na contorna de Pedrafita e esta última un pouco anterior, en Doncos.

“Esta opción é a que levabamos pedindo desde o principio e parece ser que a van dar para diante”, dixo o presidente de Aetram, Diego Arias. Segundo o que lles trasladou o Goberno, fará nesta saída unha rotonda que dea acceso directo á N-6: “É a mellor alternativa, saíndo na 438 desde Doncos, facendo a rotonda e seguindo pola nacional baixaríase o desnivel da estrada a un 8%, agora temos unha subida do 14 ou 15%”, destacou Diego Arias.

Con iso, afirmou Arias, a posibilidade de desvío pola N-120 en caso de neve “queda como recomendación e non como obrigación”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...