InicioEconomíaLugo é a provincia galega onde máis caros están os coches usados

Lugo é a provincia galega onde máis caros están os coches usados

Teñen un prezo medio de 11.439 euros, un 5,7% máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O prezo medio dos turismos de segunda man elevouse en outubro en Galicia un 4% respecto ao mesmo mes de 2021, ata situarse nos 11.227 euros, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

Ademais, o prezo medio dos coches de máis de 8 anos en Galicia foi de 8.811 euros en outubro, un 6,4% máis que no décimo mes do ano pasado.

En concreto, Lugo é a provincia galega onde máis caros están os coches usados, cun prezo medio de 11.439 euros, un 5,7% máis, seguida de Pontevedra, con 11.373 euros, un 5,5% máis. Na Coruña, os automóbiles de ocasión custan de media 11.224 euros, un 2,1% máis, mentres que en Ourense, 10.490 euros, un 5,1% máis.

MERCADO NACIONAL

No conxunto de España, o prezo medio dos turismos de ocasión situouse en outubro en 12.307 euros, un 5,6% máis que o mesmo mes de 2021. En termos mensuais, o prezo do total do mercado de turismos de segunda man sobe tres décimas respecto de setembro.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...