InicioEconomíaRueda urxe ao Goberno executar a alternativa da Xunta ante o derrube...

Rueda urxe ao Goberno executar a alternativa da Xunta ante o derrube da A-6

O presidente da Xunta asegura que a proposta do Goberno "non soluciona ningún problema".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, demanda ao Ministerio de Transportes que a alternativa que propón a Xunta ante o derrube do viaduto da A-6 “se execute e se execute canto antes”.

Así se expresou despois de que a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, remitise unha carta ao secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Xavier Flores, na que reclama actuacións “urxentes” na A-6, á vez que a Xunta propón un novo viario que permitiría enlazar a N-V e a A-6 sen ter que atravesar Pedrafita.

Respecto diso, Rueda espera que o Goberno atenda a proposta da Xunta. “É que non podemos ser máis proactivos na solución dun problema que nos urxe moito”, avisa. Así, refírese a que “cada día que pasa os problemas acrecéntanse, non só a incomodidade dos veciños de Pedrafita, das persoas que teñen que acceder ou saír de Galicia por ese tramo”, senón “a imposibilidade das empresas que teñen transportes especiais que non poden pasar agora mesmo”.

Creo non puidemos ser máis pacientes e leais, creo que xa chega un momento no que hai que empezar a actuar”, sostén. “Xa van varias semanas do derrube, seguimos sen coñecer as causas, prazos de reconstrución”, quéixase.

Censura que, “agora, resulta que de tres propostas que fixese a Xunta, sen dicirnos moi ben por que, non lles valía ningunha das tres”. “A que propuxo o Goberno non soluciona ningún dos problemas que están expostos”, asegura. “Imos tentar presentar outra proposta que non presente eses supostos problemas e que sería de fácil execución”, agrega.

E é que “se de verdade hai vontade para executar isto, deberían terse en conta estas propostas e executarse canto antes”. “Se o que queremos é seguir mareando e non darlle á derriba dese viaduto a importancia que seguro lle daría o Goberno se fose noutras zonas de España, pois entón seguiremos neste plan”, lamenta.

Por todo iso, Alfonso Rueda espera que “impere de verdade a razonabilidade, que nos poñamos a construír en positivo, nunca mellor dito”, de modo que se execute a proposta da Xunta.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo reunirase cos 67 concellos da provincia para abordar as necesidades de cada municipio

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular explicaron este luns nunha nota de prensa que...

Ferido un traballador ao caerlle unha árbore enriba das pernas na Fonsagrada

Un traballador tivo que ser evacuado a un centro hospitalario ao resultar ferido despois...

Javier Ferreiro, polbeiro: “Trouxemos 20 toneladas de polbo para o San Froilán, case nada que picar”

Do 5 ao 12 de setembro Lugo convértese no lugar de Galicia idóneo para comer, compartir...

José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus: “Hai unha obsesión desmedida por comer cogomelos”

Chega o outono, as árbores cambian de cor, volve a choiva, pero aínda sen...