InicioMedioambiente e PatrimonioAdega insiste na paralización das obras en Carril das Flores en Lugo...

Adega insiste na paralización das obras en Carril das Flores en Lugo por afectar a dous patrimonios da humanidade

"Aínda está sen aprobar o proxecto de edificación e estase invadindo de forma ilegal o Camiño Primitivo", indica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación ecoloxista Adega insiste en que se paralicen as obras de urbanización no Carril das Flores na cidade de Lugo por afectar a dous patrimonio da humanidade, ao Camiño Primitivo a Santiago e á muralla romana.

Estas presións inclúen mobilizacións, como unha convocada para a tarde deste luns baixo a lema ‘Outro Garañón na Muralla’, a partir das 20,00 horas nas inmediacións da porta de San Pedro. Un dos portavoces de Adega, Froilán Pallín, xustificou estas accións de protesta porque “son unha forma de pór en valor o que ten a cidade”.

Estas obras contan co beneplácito do Concello de Lugo, que afectan tamén a unha pasarela metálica de paso que xa se tirou e que unía a rúa San Roque coa Rolda da Muralla, no que sería unha solución provisional hai máis de 40 anos e que non se viu corrixida ata agora, indica.

Pallín aproveitou para lembrar que “aínda está sen aprobar o proxecto de edificación e estase invadindo de forma ilegal o Camiño Primitivo e ademais é unha zona que está á beira da muralla e que leva anos bota unha vergoña”, avisou. Este ecoloxista quixo ilustrar cun exemplo o que se acomete neste lugar, e así proclamou que “a ninguén se lle ocorre que á beira do Acueducto (de Segovia) se faga un edificio á mesma altura do acueducto”. “Hai que ter capacidade de xestión e hai que escoitar e aceptar as propostas de colaboración. Aínda estamos a tempo de que quede decente“, reivindicou.

Adega permanece á espera do recurso de casación que presentaron ante o Tribunal Supremo para a paralización dos traballos, un recurso “que pasou o filtrou do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que informou favorablemente para que se tramite este recurso de casación”, confirmou finalmente o activista Froilán Pallín.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...