InicioSucesosDenunciados 104 condutores por exceso de velocidade en Lugo, un deles por...

Denunciados 104 condutores por exceso de velocidade en Lugo, un deles por ir a 96 km/h nunha zona limitada a 50

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou 104 denuncias por exceso de velocidade na capital luguesa do 4 ao 7 de xullo, entre eles a un condutor que circulaba a 96 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, estableceu diversos controis de velocidade no marco da campaña activada pola Dirección Xeral de Tráfico durante os días 4 ao 7 de xullo cun vehículo dotado de cinemómetro en vías nas que se detecta “un maior número de accidentes de circulación”, co obxectivo de reducir a sinistralidade.

Neses dispositivos a Policía Local controlou un total de 2.818 vehículos e, derivado diso, tramitou 104 denuncias por exceso de velocidade na cidade de Lugo. A velocidade máis elevada captada ascendeu a 96 quilómetros por hora nunha vía limitada a 50 km/l, o que supón para o condutor unha sanción de 500 euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...