InicioLugo e contornaLugoTransportistas de Lugo: "a bonificación do Goberno ao gasoil non vale para...

Transportistas de Lugo: “a bonificación do Goberno ao gasoil non vale para nada”

Censuran que as subas xa superan os 20 céntimos bonificados e valoran retomar os paros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Transportistas da Asociación Empresarial do Transporte Río Miño en Lugomostráronse “indignados” porque a bonificación do Goberno de 20 céntimos ao carburante “non vale para nada”. Segundo denunciaron, aínda traballan “a perdas” e xa prevén que en tres meses veranse obrigados a parar, pero non para sacar á rúa as súas reivindicacións, senón por non cubrir os gastos derivados do combustible, sinalaron.

O presidente de Aetram, Diego Arias, lamentou que “non” sirva para nada a bonificación, para seguidamente afear que “a subida” do gasoil xa “pasa deses 20 céntimos”. “Estamos peor que antes do paro (de tres semanas no transporte)”, sostén Arias, quen avanza que no sector van seguir ” loitando”. “Porque van a por nós”, apuntou. O empresario lucense volveu a advertir de que seguen traballando “a perdas e isto é inaguantable”. “Á volta de dúas ou tres meses volveremos estar parados pero á forza. Isto é inaguantable”, protestou.

“AXUDAS DIRECTAS”

Por todo iso, reivindicou “axudas directas” por camión, baixo a cuestión de que “moitas empresas” están “asfixiadas” e coa “auga ao pescozo”. “Houbo moitas empresas que non deron reiniciada a actividade desde que foi o paro e as que iniciaron a actividade están coa auga ao pescozo”, resumiu. Así as cousas, por parte de Aetram non descartan retomar os paros co fin de que se corrixa esta “angustiosa” situación nun sector que ao mes perde de 2.000 a 3.000 euros por vehículo.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...