InicioEconomíaMáis de 300 camións e 40 taxis colapsan o centro de Lugo

Máis de 300 camións e 40 taxis colapsan o centro de Lugo

Moitos dos camións chegaron desde Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 300 camións e 40 taxis colapsaron este martes a Rolda da Muralla, na cidade de Lugo, nunha protesta no marco do paro do transporte polo prezo do combustible. Na mañá deste martes, desde a Avenida da Coruña incorporáronse os transportistas á Rolda da Muralla mentres facía soar as súas bucinas e eran aplaudidos por veciños ao seu paso.

A denominada Plataforma en Defensa do Sector do Transporte, con autónomos e asalariados, convocaba esta marcha á que se uniron os taxistas e da que se desmarcaba a patronal Tradime.

Un dos camioneiros trasladaba desde o seu vehículo que eran “máis de 300”, nunha mobilización que rodeou a muralla romana da cidade. “Así non se pode seguir”, clamaba desde o camión para incidir en que a situación “é inaguantable”. Jesús, transportista, expón que o litro de carburante está xa a 1,80 céntimos por litro, “dos que che quedan dous ou tres céntimos” de ganancias.

Tamén os taxistas sumáronse, sobre 40, que deixaron claro que isto tamén lles afecta “moitísimo”. “É salvaxe o que repercute no día a día e non só a nós, senón a toda a sociedade en xeral”, sinala Luís Castro.

DISPOSITIVO POLICIAL

Un forte dispositivo policial controlaba a entrada dos camións na cidade, que partían do polígono industrial das Gándaras, aínda que moitos deles chegaron do municipio lucense de Vilalba.

Pola súa banda, a Garda Civil intensificou o seu traballo de escolta polo paro do transporte, que realizou mañá para un total de 22 camións que non secundan o paro, que saían de Rábade e eran protexidos por varias patrullas do Instituto Armado.

DISTRIBUIDORES DE LUGO

Ademais, os distribuidores de Lugo, agrupados na asociación Adislugo, estudan sumarse ás mobilizacións a próxima semana ante o prezo do gasóleo, que presenta unha subida que, din, non poden repercutir na clientela. “Despois de dous anos perdendo diñeiro isto xa é para botarse a chorar“, sinalou en declaracións aos medios este martes o presidente de Adislugo, Eloy García, que puxo o foco en que a alza dos combustibles se suma aos efectos da pandemia.

En canto a esas mobilizacións, García indicou que a posibilidade está sobre a mesa, pero descartan participar en piquetes. “Empezaremos esas protestas de forma máis civilizada e sen impedir á xente traballar”, apostilou antes de lamentar os problemas vividos na primeira semana de paros polas “ameazas” proferidas cara aos transportistas que si traballaron.

Eloy García quéixase de que se lles “impide traballar”, á vez que acusa os profesionais do transporte de mercadorías de “só pedir para eles” nas súas protestas. No entanto, matizou que se manteñen expectantes coas medidas que se poidan tomar para frear a escalada do prezo do combustible, entre elas, a idea de subvencionar o gasóleo para “vehículos pequenos” que, como apunta García, é a ferramenta de traballo da distribución.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...