InicioEconomíaComeza o proceso de selección para 20 obradoiros de emprego na provincia

Comeza o proceso de selección para 20 obradoiros de emprego na provincia

Medio cento de concellos da provincia de Lugo organizan co apoio da Xunta vinte obradoiros de emprego que permitirán contratar 472 persoas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A partir deste mércores, as oficinas de emprego da Xunta comezarán a escolla para 20 novos obradoiros na provincia de Lugo. Cincuenta alcaldes e representantes municipais pecharon hoxe a folla de ruta para este novo programa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, nunha xuntanza co delegado autonómico José Manuel Balseiro. A administración galega estima en 472 as persoas beneficiarias, contando o persoal docente e administrativo.

Os 20 obradoiros de emprego son a totalidade dos solicitados, e contan cun orzamento de 5,5 millóns de euros para a presente convocatoria. Co calendario consensuado, contemplando a contratación de persoal de dirección, administración e docencia, o proceso de selección dará comezo de inmediato.

En primeiro lugar irán os correspondentes ao servizo de garantía xuvenil, adicados a menores de 30 anos. A escolla comezará este mesmo mércores, coa intención de que os obradoiros comecen antes do remate do mes. Na provincia hai dous: un en Ribadeo, e outro en Lugo.

No que abrangue os 18 obradoiros restantes, de modalidade dual, o proceso selectivo comezará o 19 de setembro. O obxectivo é que poidan entrar en funcionamento durante o mes de outubro.

A primeira fase da escolla corresponde as oficinas de emprego da Xunta distribuídas pola provincia de Lugo. Os interesados deberán estar inscritos como demandantes de emprego nas categorías ou especialidades nas que se desenvolvan cada un dos obradoiros e, no caso de menores de 30 anos, formar parte do programa de Garantía Xuvenil.

En segunda fase iniciarase a selección do alumnado-traballador, así como a do persoal directivo, docente e administrativo. Será realizada por un grupo de traballo mixto constituído para tal fin por representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria e dos concellos implicados, atendendo a unhas bases establecidas previamente e a criterios de igualdade e obxectividade.

Relación de prazas dos obradoiros de emprego

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...