InicioEconomíaOs traballadores de Tegestacín e a Xunta abordan "alternativas" tras iniciarse as...

Os traballadores de Tegestacín e a Xunta abordan “alternativas” tras iniciarse as consultas para o ERE

O comité subliñou a necesidade de "unha implicación real" da Xunta en "solucións" para esta factoría ao advertir un escenario futuro de venda das instalacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Representantes da Xunta e do comité de Tegestacín, que xestiona a antiga planta de Leite Pascual en Outeiro de Rei, reuníronse este mércores para abordar “alternativas” para conservar o emprego.

Comité e empresa xa iniciaron o período de consultas sobre o expediente de emprego, con posicións “claramente contrarias”, segundo constata a CIG.

A CIG informa diso nun comunicado de prensa no que indica que o comité se citou coa directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha e o delegado territorial da Xunta en Lugo, acompañados pola responsable territorial de Emprego en Lugo.

A Xunta, segundo a central nacionalista, transmitiu ao comité “o interese e preocupación” ante a actual situación do persoal e tamén determinou o seu “compromiso para axudar, no alcance das súas posibilidades, nas distintas alternativas ou posibilidades para conservar os empregos”.

Pola súa banda, o comité subliñou a necesidade de “unha implicación real” da Xunta en “solucións” para esta factoría ao advertir un escenario futuro de venda das instalacións.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...