InicioEconomía'Lugo non Perdas o Tren' e BNG denuncian a falta de servizos...

‘Lugo non Perdas o Tren’ e BNG denuncian a falta de servizos ferroviarios na provincia o día que se inaugura o AVE Galicia-Madrid

"Xa nos conformariamos con menos de que chegue aquí o AVE", recoñeceu o presidente da plataforma e da Federación de Asociacións de Veciños, Jesús Vázquez, que insistiu en que os veciños de Lugo e doutras zonas como Ferrol quedan "descolgados" deste tipo de servizos "fundamentais".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma ‘Lugo, non perdas o tren’ lamentou este luns que a provincia siga sendo a “Cincenta” en canto a servizos ferroviarios, precisamente o día que entra en servizo a liña de Alta Velocidade entre Madrid e Galicia.

“Xa nos conformariamos con menos de que chegue aquí o AVE”, recoñeceu o presidente da plataforma e da Federación de Asociacións de Veciños, Jesús Vázquez, que insistiu en que os veciños de Lugo e doutras zonas como Ferrol quedan “descolgados” deste tipo de servizos “fundamentais.

Vázquez demandou unhas conexións “sincronizadas cos horarios do AVE a Ourense” e recuperar servizos perdidos durante a pandemia, como a conexión a Barcelona, a País Vasco ou algúns trens con Madrid.

“Estamos a xogarnos o futuro e estámonos xogando o asentar poboación e ter unhas comunicacións dignas, que non é moito pedir en pleno século XXI”, sinalou. Tamén se referiu a que o transporte terrestre “está a comerse todo ese terreo” no tráfico de mercadorías, a pesar de ser “moito máis contaminante”.

Así mesmo, pediu melloras en proximidades, pondo o acento na liña da capital da provincia cara A Coruña, dado que agora é unha “viaxe interminable”. “Son moitas as demandas, e nós imos seguir insistindo desde esta plataforma en que Lugo non pode perder o tren”, resolveu.

Tamén o voceiro do BNG, Rubén Arroxo, quixo demostrar cunha viaxe en tren na liña Lugo-A Coruña as dificultades que existen nas conexións interiores ferroviarias de Galicia, unha viaxe que lle levou o mesmo tempo que o novo AVE.

Máis información en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...