InicioEconomíaVolven as tractoradas: gandeiros de Lugo retoman retoman as mobilizacións o 4...

Volven as tractoradas: gandeiros de Lugo retoman retoman as mobilizacións o 4 de novembro

Agromuralla protestará ante a Xunta e a Subdelegación do Goberno para esixir prezos xustos para o lácteo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Agromuralla recuperará as tractoradas cunha protesta o 4 de novembro en Lugo para esixir prezos xustos para o leite nun contexto de suba de custos de produción. A protesta comezará ás 12,00 horas ante o edificio administrativo da Xunta en Lugo e transcorrerá por varias rúas ata acabar ante a Subdelegación do Goberno.

Así, reclama medidas “urxentes” que compensen a “suba desmesurada” de pensos, luz e gasóleo que sofren as explotacións galegas. Agromuralla sinala que agrupa a centos de gandeiros de Lugo e A Coruña.

“Este ano, desde o mes de xaneiro, o que nos custa producir disparouse, coas subas actuais no recibo da luz e o gasóleo e o incremento que se está dando no penso e nas materias primas, pero o que nos pagan polo leite non se moveu e non nos dá para pagar os gastos, polo que estamos a perder diñeiro todos os meses”, explica o presidente de Agromuralla, José Luís Pérez Barreiro.

Deste xeito, volveranse celebrar tractoradas reivindicativas tal e como sucedeu en 2015, cando Agromuralla protagonizou en Lugo protestas durante varios días polos baixos prezos do leite.

REUNIÓN DO SLG ESTE XOVES

Pola súa banda, o Sindicato Labrego convocou unha reunión do sector lácteo este xoves, 28 de outubro, en Lugo para valorar posibles accións reivindicativas a realizar ante os baixos prezos. Este encontro farase baixo o lema ‘Nin prezos nin PAC’ na Casa Sindical de 11,00 a 14,00 horas.

Denuncia que os prezos que reciben os gandeiros galegos polo leite –32,7 céntimos o litro en agosto– seguen á cola do Estado, onde a media se sitúa en 33,8 céntimos.

Deste xeito, o Sindicato Labrego calcula que as granxas galegas perden sobre 10 millóns de euros ao ano por non cubrir custos de produción. De feito, entre agosto de 2020 e 2021 desapareceron en Galicia 317 granxas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...