InicioEconomíaO PP non quere un plan de reindustrialización para a Mariña

O PP non quere un plan de reindustrialización para a Mariña

Bota en contra dunha iniciativa do PSdeG e do BNG neste sentido aínda que si apoia as reivindicacións dos traballadores de Vestas e Alcoa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP permitiu cos seus votos que prosperasen dúas iniciativas presentadas polos grupos da oposición, BNG e PSdeG, en apoio aos traballadores de Vestas, aínda que usou a súa maioría absoluta para tombar os puntos desas mesmas proposicións que reclamaban a articulación desde o Goberno galego dun plan de reindustrialización para a comarca da Mariña luguesa.

As iniciativas foron debatidas na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo celebrada na mañá deste mércores no Pazo do Hórreo, fronte ao que se concentraron un grupo de traballadores da factoría do norte lugués que a multinacional danesa pretende pechar.

Alí, os grupos aprobaron por unanimidade dous puntos das proposicións non de lei defendidas por nacionalistas e socialistas que camiñan na mesma dirección: expresar o compromiso da Cámara autonómica cos traballadores afectados polo peche da factoría de Vestas en Chavín e apelar a que leven a cabo as medidas necesarias para garantir o mantemento dos postos de traballo.

Ambas as resolucións saíron adiante grazas ao apoio do grupo maioritario, o PPdeG, que pediu a votación por separado dos puntos das iniciativas da oposición. Os populares tombaron o resto de apartados das proposicións non de lei, nas que PSOE e BNG coincidían en reclamar a articulación dun plan de reindustrialización para A Mariña.

Unha crise industrial no norte da provincia de Lugo que foi a protagonista da comisión deste mércores, xa que, ademais das proposicións sobre Vestas, tamén foi debatida e aprobada unha iniciativa do PP para apoiar as reclamacións ante o Goberno central para o sector electrointensivo.

E é que parte do debate deste texto, defendido pola deputada popular Marta Nóvoa, versou sobre a situación de Alcoa, que este mesmo mércores coñecerá a decisión do Tribunal Supremo sobre a anulación do ERE na factoría ditado polo TSXG a finais do pasado ano.

Así, a Cámara, co apoio de PP e BNG e a abstención dos socialistas, insta á Xunta a reclamar ante o Estado que aumente as subvecións ao mecanismo de compensación de custos de emisión indirectas ata o máximo permitido pola UE, active o fondo de reserva para a industria electrointensiva e convoque “de inmediata” as poxas de electricidade de orixe renovable.

PROTESTA DOS TRABALLADORES

Mentres os grupos debatían as iniciativas na comisión, decenas de traballadores concentrábanse ás portas da sede do Parlamento, que este mércores acollía unha intensa actividade coa presentación dos orzamentos da Xunta para 2022 e unhas xornadas sobre o 40 aniversario das primeiras eleccións autonómicas nas que participaron o xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, e o expresidente do Goberno Mariano Rajoy.

Fronte á entrada principal do edificio lexislativo na compostelá Rúa do Hórreo e encabezados por unha pancarta na que podía lerse ‘Vestas solución’, os empregados da factoría viveirense proferiron cánticos como ‘Feijóo non te escondas’, ‘Sen industria non hai futuro’ ou ‘Socialistas, peperos; igual de embusteros’.

CRUZAMENTO DE REPROCHES

Os grupos cruzaron reproches sobre a responsabilidade ao redor da intención da multinacional danesa Vestas de pechar a súa fábrica de pas de aeroxerador eólico en Viveiro. Mentres que para o PP o responsable deste e outras industrias ameazadas é o Goberno do Estado, BNG e PSdeG consideran que a Xunta está “inactiva” á hora de exercer as súas competencias en materia de industria.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...