InicioEconomíaAdif adxudica por máis de 50 millóns para o novo túnel de...

Adif adxudica por máis de 50 millóns para o novo túnel de Oural, no tramo Monforte-Lugo

Terá case dous quilómetros de lonxitude.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello de Administración de Adif autorizou, na súa última reunión, a adxudicación do contrato para a construción do túnel de Oural, situado no tramo Monforte de Lemos-Lugo, por un importe de 50.755.387,21 euros (IVE incluído).

Segundo informou Adif nun comunicado de prensa, este contrato foi adxudicado á empresa Ferrovial Construción e conta cun prazo de execución de 29 meses e 21 días.

“A construción do novo túnel de Oural forma parte dos proxectos de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e perseguen unha dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo”, explicou Adif.

O contrato adxudicado comprende as obras de construción do novo túnel de Oural, de 1,85 quilómetros de lonxitude, “que substituirá ao túnel existente en servizo, mellorando as súas prestacións”, destacan as mesmas fontes.

DETALLES

O novo túnel executarase paralelo ao existente, que se manterá como galería de emerxencia, e disporá de espazo suficiente para albergar a catenaria, así como aceira de emerxencia e galerías de evacuación, entre outros elementos.

A estrutura exponse cunha sección de 52 metros cadrados en vía única (do mesmo xeito que os tramos adxacentes), que se executará desde as dúas frontes de escavación para minimizar os prazos de execución, concreta Adif, que engade que a montaxe de vía efectuarase ‘en placa’ no interior do túnel e parte do exterior, con pasos biviales para o acceso de vehículos de emerxencia ou mantemento.

O túnel contará con liña área de contacto (catenaria), sistemas de sinalización e comunicacións adaptados á nova solución proxectada, sistema de ventilación e sistemas de protección civil, así como instalacións de telecomunicacións e dúas zonas de instalacións auxiliares (ZIA), unha en cada emboquille. Executaranse tres galerías transversais de evacuación, cunha distancia máxima de 500 metros entre unha e outra.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...