InicioEconomíaCarmen Lence aposta pola "innovación e sustentabilidade" como "eixos" de Leite Río

Carmen Lence aposta pola “innovación e sustentabilidade” como “eixos” de Leite Río

A compañía está a traballar para incorporar ao mercado novos “produtos que acheguen valor engadido”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A presidenta do Grupo Lence -ao que pertence Leite Río-, Carmen Lence, asegurou este xoves que “innovación e sustentabilidade son dous eixos fundamentais dentro do plan estratéxico da compañía”, que nestes momentos está a traballar para incorporar ao mercado novos “produtos que acheguen valor engadido” á produción primaria que sae das granxas galegas.

Lence mantivo esta mañá unha reunión coa directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, na que analizaron distintos proxectos de I+D nos que está inmerso neste momento o grupo lácteo galego.

Durante a visita a unha das plantas do grupo en Lugo, Lence confirmou que Leite Río leva “tempo traballando para conseguir novos produtos que acheguen novo valor engadido e respondan ás novas necesidades do cliente e da sociedade”. Nese sentido, precisou que “a innovación está cada día máis presente na industria”

“Tal é así que neste momento estamos na fase final de creación de dous novos produtos para o seu lanzamento nos próximos meses, aos que se sumarán catro máis en 2022”, asegurou. “Innovación e sustentabilidade son dous eixos fundamentais dentro do plan estratéxico da compañía, que prevé ambiciosos obxectivos para os proximos anos, tanto desde a perspectiva de deseño, como de funcionalidade e de diversidade de produto”, engadiu.

Na actualidade, o Grupo Lence, que traballa con 450 granxas galegas e envasa só en Galicia, conta cun persoal de 160 persoas e 3 plantas lácteas, o que lle permite ser a sexta empresa de España en comercialización de leite UHT.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...