InicioEconomíaO servizo de catamaráns reactivarase na Ribeira Sacra en marzo

O servizo de catamaráns reactivarase na Ribeira Sacra en marzo

A Deputación de Lugo volve encargar a Tragsa a prestación do servizo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de Turismo e portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou, tras a xunta de goberno, que se acordou “encargar á empresa pública Tragsa a prestación do servizo público das rutas fluviais en catamarán” para este 2021, que discorren pola Ribeira Sacra.

A aprobación tamén contempla “ampliar este encargo os anos 2022 e 2023”, e o que se consignará para o servizo aproxímase ao 686 mil euros “cada ano”.

García Porto aproveitou para anunciar que unha das principais novidades para este ano, que vai repercutir positivamente na economía da zona, é que o servizo de catamarán vai empezar a operar antes, vai ser a partir do 19 de marzo e ata finais de ano, cumprindo “sempre e de forma estrita as medidas de prevención da COVID 19 que se vaian adoptando en cada momento polas autoridades sanitarias”.

A deputada socialista lembrou que Tragsa é “medio propio desta institución desde finais de 2019” e xa se ocupou en 2020 de “estas rutas, con resultados moi satisfactorios, tendo en conta ademais o importante impacto da pandemia e as restricións sanitarias que limitaron bastante a saída das embarcacións, pero aínda así o resultado foi moi positivo”.

Tanto é así que se contabilizaron “máis de 21.000 persoas” que o usaron nas rutas fluviais. “Desde a Deputación de Lugo volvemos apostar decididamente por ofrecer un servizo turístico público e de calidade, que contribúe de maneira directa a dinamizar a economía da Ribeira Sacra e axuda á hostalaría e ao comercio cando máis o está necesitando”, enxalzou.

Son dúas rutas fluviais polas que navegan estas 3 embarcacións, dúas desde Ponte do Sil e que percorre Monforte, Sober ou Parada do Sil, entre outros, e a do Cabo do Mundo, en Belesar, cunha travesía de dúas horas polos concellos de Saviñao, Pantón e Chantada.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...