InicioEconomíaA Deputacion de Lugo critica á Xunta por non querer aportar máis...

A Deputacion de Lugo critica á Xunta por non querer aportar máis ao fondo para a hostalaría

Xunto coas deputacións de Pontevedra e da Coruña reiteran que a proposta do '1% hostaleiro' supón un sistema "xusto e proporcional" para todas as partes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra lamentaron que a Xunta perda unha oportunidade para impulsar un plan coordinado de rescate á hostalaría dotado de 140 millóns de euros, situación que achacaron á “falta de vontade negociadora” do Executivo galego. Así o trasladaron nun comunicado conxunto tras a reunión celebrada este venres xunto cos representantes autonómicos e a Federación Galega de Municipios e Provincias, entre outros.

As tres entidades provinciais censuraron que a Xunta aposte por destinar en solitario “75 millóns para todos os sectores” en lugar de aceptar as súas propostas de face a lograr un plan máis potente e que permita afrontar parte das consecuencias da pandemia.

Estas institucións consideran “insuficiente” a dotación económica da administración galega para nutrir unha liña de axudas que se destinará a múltiples sectores, ademais da hostalaría, e manteñen o seu compromiso de destinar polo menos o 1 por cento dos seus orzamentos de 2021 a programas propios de apoio e reactivación no tres provincias.

Un dos puntos que reprochan estas entidades é a negativa da administración autonómica a que as axudas se xestionasen directamente desde os concellos e de modo similar ao ‘modelo Valencia’.

Sobre todo, lamentan que foi a Xunta quen propuxo desde o principio unha fórmula similar á valenciana e lembran que os concellos foron “a primeira administración” en dar resposta ás consecuencias sociais e económicas da crise sanitaria.

Por iso, reiteran que a proposta do ‘1% hostaleiro’ supón un sistema “xusto e proporcional” para todas as partes implicadas e permitiría atender as necesidades dun sector “que atravesa unha situación crítica”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...