InicioEconomíaDenuncian que o 60% dos concellos lugueses non aplican bonificacións para paliar...

Denuncian que o 60% dos concellos lugueses non aplican bonificacións para paliar o “catastrazo”

O Sindicato Labrego Galego lembra que a modificación do 2012 da Lei do Catastro equiparou a valoración das construcións rústicas ás urbanas, de modo que moitas explotacións agrarias resultan agraviadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou que o 60% dos concellos da provincia de Lugo “seguen sen aplicar bonificacións para paliar o impacto do catastrazo nas granxas”.

Nun comunicado, indica que iniciará unha campaña de denuncia “para que termine esta inxustiza e agravio comparativo para miles de explotacións”, engade.  En concreto, sinala que en 2022 “cumprirase unha década desde que o exministro de Facenda, Cristóbal Montoro, decidise arranxar as contas do país cunha subida de impostos ás nosas vivendas e leiras”.

“A modificación do ano 2012 da Lei do Catastro e as sucesivas regularizacións postas en marcha desde aquela, xunto coa revisión xeneralizada á alza do valor dos bens inmobles do Estado, supuxo unha subida enorme do IBI ingresado polos concellos”.

Ademais, subliña que entre os afectados por esta subida están “as titulares das explotacións agrarias, posto que a modificación da Lei do Catastro equiparou a valoración das construcións rústicas ás urbanas”.

O SLG lembra que levaron a cabo distintas iniciativas, como recollida de firmas e presentación de mocións, para que os concellos “modifiquen as súas ordenanzas municipais para incluír as bonificacións do imposto que permite a lei para os inmobles ligados ás actividades agrícolas ou gandeiras” e avanza agora unha campaña para que este ano marque o final desta “excesiva e inxusta imposición ás actividades agrogandeiras”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...