InicioEconomíaVilalba quéixase de que as axudas da Xunta "discriminan" a hostalaría dese...

Vilalba quéixase de que as axudas da Xunta “discriminan” a hostalaría dese concello

O goberno local cre que "os cartos só chegarán para os locais daqueles municipios que tiveron que pechar antes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba denuncia que a Xunta de Galicia “discrimina” a hostalaría de dito municipio e teme que, tal como está redactada a orde autonómica, o sector quede “fóra das axudas” dirixidas para os locais que tiveron que pechar.

O mes pasado aXunta ampliou a 17 millóns de euros as axudas directas aos establecementos hostaleiros afectados por medidas anticovid, pero na orde especifícase que só se poderían pedir cando os afectados cumprisen 15 días de peche. “As medidas e restricións en Vilalba impuxéronse o 21 de novembro, polo que ata o 5 de decembro os locais de hostalaría non poden pedir as axudas”, lembra o concelleiro Luis Fernández.

“As axudas concédense por orde de chegada das  solicitudes, polo que o sector de Vilalba estáclaramente discriminado, os cartos só chegarán para os locais daqueles municipios que tiveron que pechar antes a hostalaría”, engade sobre esta situación, que considera “inxusta“.

Fernández lamenta “o silencio cómplice do PP local” e anuncia unha batería de iniciativas para esixir un cambio de postura por parte de Xunta “ou unha ampliación das axudas, xa que non chegarán a Vilalba”. O grupo de goberno de Vilalba levará este tema ao próximo pleno e estuda outras medidas de presión. “Non podemos aceptar esta discriminación”, engade Luis Fernández

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...