InicioEconomíaA CEL acusa a "un pequeno grupo" de "dinamitar" a patronal galega

A CEL acusa a “un pequeno grupo” de “dinamitar” a patronal galega

O presidente dos Empresarios de Lugo di que en febreiro podería haber novas eleccións , logo da renuncia de Díaz Barreiros dous días despois de ser escollido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, acusou “un pequeno grupo de persoas” de “dinamitar” a patronal galega, despois da renuncia en dous días do seu último presidente, José Manuel Díaz Barreiros.

A saída do ourensán produciuse despois de que varias sectoriais e a confederación de Pontevedra pedisen os datos relativos ao escrutinio do voto telemático. Na asemblea, celebrada o martes pasado, finalmente non houbo voto presencial, posto que o outro candidato retirouse cinco minutos antes.

Transcorrida unha semana desa cita, o representante dos empresarios de Lugo avanzou unha reunión da xunta de vicepresidentes este martes coa intención, segundo afirma, de fixar novas eleccións.

Ademais, defendeu a supervivencia da patronal galega despois do paso efémero pola súa presidencia de José Manuel Díaz Barreiros, pois non cre que perigue o futuro da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), xa que “as institucións están por encima das persoas”.  Tanto o cre que o secretario xeral da patronal lucense destacou que “é unha organización necesaria para ser un eixo que dinamice e represente ao sector empresarial galego”.

“QUEN ESTÁ AO SEU INTERESE INDIVIDUAL”

“Haberá que buscar cordura, tomar medidas que sexan un pouco máis contundentes con aquelas persoas que o que están é por destruír e non colaborar, sobre todo nestes momentos tan importantes de pandemia. A xente é intelixente e sabe quen está polo labor de traballar, polo ben común, e quen está ao seu interese individual”, subliñou.

Jaime López anticipou que este martes “se vai a celebrar unha xunta de vicepresidentes (das distintas confederacións provinciais) e aí o máis inmediato vai ser convocar un novo proceso electoral”. “Tal e como están os estatutos requírese un prazo de 40 días, co cal nos iriamos a febreiro“, explicou.

“Esperamos que sexa unha oportunidade para que esta xente que está por dinamitar se aparte da organización e deixe traballar aos que pensamos nunha mellora económica e social de Galicia”, sentenciou.

Precisamente as sectoriais que solicitaron información sobre o proceso electoral cargaron despois contra persoas na CEG con “actitudes ditatoriais”, nun comunicado con alusións veladas ao responsable na Coruña, Antonio Fontenla, e tamén a Jaime López e a presidenta ourensá, Marisol Nóvoa.

“EPISODIO TRISTE”

En canto á dimisión de Díaz Barreiros, o secretario xeral da CEL admitiu que “foi outro episodio triste na organización, dado que era unha persoa que contaba cun apoio moi maioritario”.

“Cando falamos de buscar unha candidatura de consenso falamos dunha persoa que estaba arroupada polo apoio de tres confederacións provinciais (Ourense, A Coruña e Lugo) e un amplo espectro de organizacións sectoriais. Finalmente, un pequeno grupo de persoas, minoritario na organización (CEG) dinamitan esta presidencia”, afeou.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...